FAS PIS NA DUCHA!!!!?
ATACA TXURY: SÍ
Así de conciso me enfronto a esta pregunta. Si que mexo na ducha. O porqué? Por que non? Cal é o problema de mexar na ducha? Cando realizamos a acción de miccionar na ducha, o peor que nos pode pasar e que o noso propio mexo caia por riba de nós, e non podemos dicir que chove porque sabemos de sobra que o que nos cae e pis e que inda por riba é noso. Pero lonxe de dar noxo, esta acción o que debería dar é gañas de repetila unha e outra vez polos seus beneficios. Explícome. De todos é sabido que o mexo ten un alto contido en UREA. A urea é unha sustancia da que se fixeron moitos estudos e todos eles demostraron que é súper beneficiosa para a nosa pel. Si, si, si, si, así como o escoitades. Moitas das cremas que nas farmacias se venden para deixar os nosos pelexos relucentes e louzáns están compostas, nunha baixa cantidade de pis.
Pero non vaiades pensar que este é un asunto de avances científicos, e que igual levan unha pinguiña de pis nun litro de crema, non, non, non, non. Xa de antigo chéganos esta tradición de ouriñarnos por enriba. Os nosos antergos xa mexaban nas mans para que non se lle abriran traballando no campo. E vou máis alá. Hai uns anos lin que había unhas monxas en Italia que tódalas mañás, cediño, cando se levantaban, bebían un litriño da súa propia orina e polo visto estaban sanísimas. Non vou recomendar nin moitísimo menos que vos privedes a mexada, cousa que eu non faría polo do sabor (…non preguntedes!!!!…), pero si que recomendaría á xentiña que se fixera pis por enriba para lucir un pelexo ben bonito, neste mundo que tanto se deixa levar polo tema da beleza e os cosméticos e caralladas desas.
Noutra orde de cousas, debemos salientar, que cando entramos na ducha automaticamente apetece botar unha mexadiña. Acción, reacción, ducha, mexada. É así, meus reis e raíñas, e isto e algo que non podemos cambiar. Calquera acción de reprimir a nosa gaña de mexar na ducha e malísima, coma todas as represións do mundo, pero esta é unha desas que non temos por que reprimir, xa que como antes vos contei, aínda por riba ten unha vertente de saúde perfecta.
É por isto e só por isto que vos insto unha vez máis, desde estas liñas que vos escribo, a que vos fagades pis por enriba cando esteades na ducha. (…ollo, só na ducha, que se o facedes todo o santo dia iso xa e de guarrocho total!!!!)
E despídome xa por hoxe de vós, esperando que a miña opción sexa a que máis vos agrade.
Billóns de bicos para todos vós, pipol!!!!
P.D. E non quero falar da CHOIVA DOURADA, pero se e unha práctica tan estendida, por algo será.
Aaaaaaaabur!!!!
ANTÓN DEFENDE: NON MEXO NA DUCHA
Bueno bueno bueno. Teño que recoñecer que estou roto. Non dou creto. Non se poden dicir tantas barbaridades seguidas todas xuntas. Ou si, senón lede o de enriba.
Dende pequenos instáurasenos nas escolas e nas nosas casas (polo menos na miña) algo imprescindible para a convivencia: a hixiene. E todo o exposto polo meu ¿compañeiro? é antihixiénico. Supoño que estaredes comigo.
Non dubido das propiedades da urea, que son certas e comprobables, pero de aí a mexar por riba de nos ou BEBER!!! pis, pois non.
Non teño ningunha exposición que facer porque cae polo seu propio peso. As duchas normalmente son de uso colectivo e xa só de pensar en que algún porquiño coma ti. Txury, estivo a mexar intres antes de que eu proceda a precisamente todo o contrario, é dicir, limparme, pois non me colle nos miolos.
De todos os xeitos recordarei o que fas a próxima vez que vaia á túa casa.
Non mexedes na ducha, nen@s. É antihixiénico, antisaudable, en definitiva, noxento. Non atopo nin 1 só beneficio. Ademais, tanto che costa botar o mexo 30 segundos antes de ducharte, no aparatiño deseñado para tal fin? Coincidentemente soe estar ao lado da ducha…
O teu é un claro caso de vagancia e porcallada “oltugueder”. Se fas iso na ducha xa non quero nin imaxinar que farás na piscina. Pero iso é outro cantar.
O dito, peña. Non sexades porcos e comportádevos civicamente. O pis, no váter.
Feliz día para tod@s.
Bicos limpiños




Tiña a bulla abandoadísima debido que NON ACTUALIZABADES, e agora entro e duas actualizacións seguidas, así non se pode.
Teorías aparte, todo queda dito con…TXURY ERES UN PORCO!!!
Despois dista non haberá periquita que se te acerque.