Dormes coa porta aberta ou pechada?
ANTÓN ATACA: PORTA PECHADA
Boas, queridísim@s lector@s. Gustaríame expoñer breve e sinxelamente o meu punto de vista nesta crucial bulla. E é que penso que está clarísimo que todo a mundo debería durmir coa porta pechada. Por que vamos a ver, que buscamos ao durmir? O descanso. E un mal sono é un mal descanso. Obviamente para descansar temos que ter todas as condicións perfectas tanto ambientais como corporais, non? A ninguén se lle ocorre poñerse a durmir con roupa ‘de calle’ porque precisamente existen roupas adecuadas para tal fin. Ou sen roupa, claro. E por que son roupas axeitadas para durmir? Pois porque non entorpecen o sono fisicamente. Son roupas cómodas, normalmente de algodón ou similar para axudar na transpiración e quentiñas para manter unha boa temperatura corporal e evitar así que en calquera movemento despertemos por incomodidade da vestimenta.
Pois o mesmo ocorre coas condicións ambientais. Unha habitación perfecta para un sono perfecto sería unha habitación absolutamente ás escuras, sen absolutamente ningún ruído, e a uns 21 ou 22 graos de temperatura aproximadamente. Con estas condicións se non dormes é porque a túa conciencia non cho permite…
O único xeito que temos de insonorizarnos e illarnos da luz e do son e acadar estas condicións ideais, é pechando a porta. É dicir, creando unha atmosfera propicia para o descanso que é o fin último do sono. Así que branco e en botella… leite.
Por outra banda está a intimidade. Penso que a ninguén que por casualidade visite a vosa casa coa porta do dormitorio aberta lle agradará ver a un ser humano en posturas imposibles, emitindo sons irreproducibles (os que o fagan) ou ensinando a saber que partes do seu corpo. Non. Non é de recibo.
Penso que non fai falla dicir nada máis. Penso que é tan potente e tan obvia a miña ponencia que xa non me estendo máis. Só quero desexarvos un feliz verán e que pechedes a porta ao durmir, non vaia ser que as hordas mosquiteiras lles dea por abandonar o salón e decidan aterrar nos vosos corpos serranos.
A gozar, rapaces/zas.
Bikos calorosos.
TXURI DEFENDE: PORTA ABERTA
Bla, bla, bla, bla, bla, bla…
Que lingua tes, rapaz, debes de ter a túa moza encantada. (…pensa mal e acertaras!!!!…)
Ben, despois de ler toda esta verborrea, que mais ca unha defensa da porta pechada, parece unha tese sobre o sono exposta perfectamente polo “polo” aquel dos colchóns “Lo Mónaco” , si home, como se chamaba, aquel que dicían que estaba liado con Jordi “Caracrater”, o de “Moros y cristianos”, como era, cona… Ah!!!! Constantino Romero!!!! Ben, pois iso, que moito trilirili e pouco tralarala. (…coma sempre!!!!…)
Eu pola miña parte vouvos explicar o porque de durmir coa porta aberta. Lonxe de que a miña opción hoxe este chea de estraños estudos sobre do sono, o que debo dicir para defender a miña postura, e que durmo coa porta aberta por varios motivos, que son:
1º) Que me agonían un pouco os espazos pechados. E o de durmir nunha habitación completamente pechada dáme un pouco de repelús.
2º) Que teño escarallado o termostato do corpo humano. E é por isto que soamente pensar que vou ter que pasar a noitiña nun recinto pechado no que se acumula a calor humana da xente que alí pernocta, xa me eleva uns graíños a temperatura, e me entran uns calores que pa’que!!!! (…e por isto tamén que durmo absolutamente en pelotas, que a min o tema ese dos pixamas paréceme unha mariconada…).
3º) Por que me da a gaña!!!! (…síntoo, pero hoxe estou un pouquiño mackoy, así que achantade se non queredes que vos revente a boca!!!!…)
4º) Que non teño nada que esconder, así que o que pasa na miña “habita”, estou seguro que e o que pasa nas “habitas” de toda a xentiña do mundo. E de que tedes medo? De que vos pillen “chingando” ou que? Home, que tampouco estou a dicir que fagades un numeriño de cara a galería, poñéndovos na fiestra, pero que tampouco pasa nada, que “chingar” “chinga” todo o mundo, así que a “chingar”.
En resumo, que o de durmir coa porta pechada é un agobio do copón, e por isto insto a “tout le monde” a que abra as portas da súa habita, para que non cheiren as habitas, para acabar con eses infectos redutos de espazos prohibidos que se lle presupón as portas pechadas, por isto e por moito máis avogo pola defensa das portas da “habita” abertas.
Gracias!!!!
(…arrecarayo, que fino que estou hoxe!!!!…)
Mil bicos, meus reis. Catromil bicos, miñas raíñas!!!!



Txurista!!
Sobre todo nestas datas e no forno da miña casa.
Ainda así… no inverno tamén me mola controla-los “ruiditos”.
He he he he.
Apertas, rapaces!!