Chicle de menta ou chicle de fresa?
ANTÓN ATACA: CHICLE DE MENTA
Bos días queridos lectores e lectoras desta nosa xeración. A miña exposición vai ser clara, breve e directa. Se teño que mercar un chicle, e obviando os millóns de sabores que nos ofrecen hoxe en día e limitándonos á fresa e a menta, eu vou elixir o frescor. Non fai falta que vos diga máis. Frescor=menta. Porque, que é o que buscamos ao mascar un chicle? Rebentar as mandíbulas? Encher de caries a boca? Non. Buscamos frescor e sabor. Algo que non se pode dicir que teñan os chicles de fresa, que, ollo, non me dis gustan, pero fáltalles algo. O primeiro e fundamental, a duración. A dos chicles de fresa é como un “polvo conejero”. Ñaca, ñaca, ñaca, ñaca e xa. Pola contra o de menta sería como unha noite de sexo pausado e apaixonado á vez por exemplo con… Grace Kelly (cando estaba viva, claro).
A menta transpórtanos a paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles. Cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas. Algo así como os limóns do caribe pero na boca. A proba de que a menta sempre é mellor que a fresa, témola nas diferentes aplicacións alimentarias, e sobre todo no mundo da infusión. Imaxinádevos pedindo: “holamepones un fresa-poleo?” Soa a chiste, que non? Pois iso.
O chicle de menta dura máis, refresca a boca -ía dicir máis pero non, simplemente refresca porque o de fresa non o fai-, camufla mellor cheiros tipo tabaco ou similar, e en definitiva é un chicle máis natural que o de fresa. Creo que queda claro.
Así que ata aquí chega a miña exposición. Agora espero que sexades imparciais, que esquezades a vosa condición de txuristas ou anzonistas e votedes con sentidiño.
Un biko refrescante para tod*s. Incluída ti, Txurita.
TXURI DEFENDE- CHICLE DE FRESA
Ola meus reis e mais, e moi especialmente, as miñas raíñas!!!! Aquí estamos unha vez máis para facervos unha consultiña, que neste caso xa coñecedes, fresa ou menta? Pois ben, eu téñoo claro, fresa de toda a vidiña. Por que? Pois cóntovos, eu elixo a fresa porque me gusta o seu sabor doce, o seu arrecendo azucrado e ata a súa cor, que aínda despois de mascalo un pouco segue mantendo unha cor agradable. Para establecer unha comparativa co chicle de menta, debo dicir que do chicle de menta non me gusta o seu sabor, porque é demasiado forte e na maioría das veces PICA! E qué queredes que vos diga, que se fose que pica algún de cando en cando, coma os pementos de Padrón, pois aínda tiña o seu chiste, pero que che pique sempre pois a min non che me agrada demasiado. Outra das cousas que non che me gustan é o seu cheiro, que parece que estamos a tomar un medicamento, ou que a boca cheira a inferno e para tapalo metémoslle a mentaza toda para tapalo. E non vos quero nin falar da súa cor, que xa antes de metelo na boca ten un verde hospital moi desagradable, pero unha vez que o empezas a mastigar aparece unha cor moi moi moi moi parecida a E.T. cando estaba a morrer na beira do río, que tiña así como pinta de masa de carne podre, así como cunha cor de morto, brrrrrrrrr…!!!!
Fixándome agora no que o meu “partenaire” (…hai, carallo, que fino me quedou!!!!…), fala de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas”, e canta razón ten!!!! Tanta, tanta que se en vez de estar a falar de chicles de menta falara de champuses para as guedellas tería o mesmo valor, fixádevos:
Champuses “Pelolimpo” unha sensación de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas” nas túas guedellas.
Ou tamén se falaramos de produtos de limpeza para o chan, mirade:
Desinfectante “Kitacheiros” toda a esencia de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas”.
Que deducimos de todo isto? Pois que unha vez máis o individuo de arriba, soamente se adica a regalar as orellas con tal de vender o seu artigo.
Fíxome tamén, que aquí o individuo vai e compara o sabor do chicle de fresa cun “polvo-conejero”. Ben, cantos de nós somos fillos dun “polvo-conejero”! Seguro que unha chea somos fillos dun acto tan precioso coma o “polvo-conejero”, e con isto quero dicir que tampouco foi algo tan malo o “polvo-conejero”. Quen non tivo algunha vez o impulso de desafogarse coma un tolo/a quedando despois duns poucos minutos cunha cara de parviño e cun sorriso de orella a orella? E non é nada malo, carallo, a ver se agora só valen os polvos de 4 horas, ou os de “cincosensacala”!!!!
Por certo, que me fixo que fala das virtudes do chicle de menta comparándoo “cunha noite de sexo pausado e apaixonado á vez por exemplo con… Grace Kelly”????? Pero meu ben, oh! Non sería mellor que puxeras os pes na terriña, home, e pensaras nunha noite destas que ti dis con homes e mulleres de verdade coma por exemplo Ari, Silvia, Rocio, Kefalay, Elianinha ou Castaño, que agora mesmo se me ocorren?
Anda, anda, que me parece a min que tanto chicle de menta o que fai é escarallarche o cerebro, que non dis máis que trangalladas. E sen intención de faltarche nin gaitas, déboche dicir que con tanta ida de olla empézateme a parecer a Aznar.
Xentiña, aquí a miña opinión, deixádenos as vosas e que gañe o mellor.
Bicosmil e apertas constrictor para todos e todas.
P.D. Paréceme que Aznar tamén come chicles de menta!!!!




Grande dúbida rapaces…
Non é por parecer imparcial, pero xúrovos que sempre que compro chicles teño ese dilema: fresa ou menta? E depende do que me pete ese día así o compro.
Pero ya que non podo caer en imparcialidades, teño que tentar posicionarme e outra vez mais o fago da parte de Txury (xúroche Antón que non teño nada contra tí jajaja).
Recordo que fai anos os meus eran os de fresa e agora pensando ¿porqué os deixei? Xq me decatei! o meu mozo daquelas odiaba os chicles de fresa, detestaba o sabor, e polo tanto deixei de compralos durante largos anos.
Pouco a pouco vou collendo de novo a fresa e sen dúbida gústanme mais.
Aínda que comparto a idea de Antón de que os de menta refrescan mais, por iso as veces os compro, pero se teño que decantarme por un sabor, a Fresa.
Iso si, probo toda merda que sacan: menta con vainilla, fresa con chocolate…
E tamén dicir…que a penas como chicles XD.
Por certo, paso todo o ano nesta cidade, e para un p-u-t-o venres que estou fora en todo o ano ocurresevos facer o directo? Moi bonito, pos hale, quedadesvos sen a miña importante presenza. Estarei a pasear polos Elyseos.
Deicalogo Raparigos!!
Unha aperta a todos
MUAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA