E ti de quen es: braga ou bragas?
Esta semana: E ti como dis? Braga ou bragas?
Antón: BRAGA
Hoxe teño a bulla ben doada. E é que de tod@s é sabido que se di BRAGA. Sen dúbida. A explicación é sinxela. A braga ten que ser sempre singular porque obviamente o que protexe a braga é tamén singular. É dicir, se o que gardara a braga fosen dúas c****, teríamos dúas bragas, pero como a súa función é manter protexida unha soa c***, pois é unha braga. Estaredes de acordo conmigo non?
Imaxinádevos o exemplo. Chegamos a unha mercería e lle dicimos: ola, quería unhas bragas. Pois a dependenta ou dependente co seu ben facer e mellor atender, sacará do caixón varios modelos de braga. Pola contra, se lle dicimos: por favor quería unha braga, non terá confusión algunha e irá directamente a preguntar sinxelamente que talla queremos. Non hai fallo.
Ademais nunca poderiamos dicir: Faime dano a goma das bragas. Sempre nos ensinaron no cole que ten que concordar xénero e número, non? Pois imaxinádevos dicindo: “fanme dano as gomas das bragas. Cantas gomas? Cantas bragas? Un sinsentido”.
A pregunta entón é por que esa manía de pluralizar a roupa interior (tamén no caso dos gallumbos). Pois ben, eu penso que deriva de tempos lonxanos onde as mulleres poñían varias pezas de roupa a modo de BRAGAS. De xeito que, como era máis dunha pois aí si que utilizaban ben o plural. A cousa foi mellorando co tempo e as novas tecnoloxías e as mulleres deixaron de utilizar tantas pezas e deixárono NUNHA soa peza (de aí o de braga), chegando incluso a non utilizar ningunha co paso do tempo (véxase Marta Chavarri).
En definitiva, se queremos falar mellor e non meter a gamba en situacións tipo erótico-festivo (”podes baixarte a braga?”), médicas (”saque a roupa e quede só coa braga”), vacacionais (”marcho a Portugal, vou durmir en Braga”), etc etc… debemos dicir sempre sen dubidalo nen un intre BRAGA.
Por certo no DRAE non aparece o termo Bragas. Facede a proba.
Bikos singulares.
Txury: BRAGAS
Uuuui!!!! Perdoooooa!!!! Non sabia que estaba a falar cun lingüista, caralloooooo!!!!! (…aínda que de lingua vas sobrao, FALAFALA, que eres un FALAFALA!!!!…) Antes de nada, un comentario:
Si, meus queridísimos lectores e lectoras, papá está enriba de mamá e iso é gracias a vós, que a pasada semana déstesme cos vosos votos a primeira batalla gañada contra este animal que é ÁnZonY, que é quen de dicir unha chea de barbaridades e quedar tan ancho. Unha vez máis, repito GRAZAS!!!! (…a ti en particular Rocío!!!! Luz da miña vida, estrela que me guía, bla, bla, bla,…)
E agora o que nos toca, que son AS BRAGAS!!!!
Si, si, si, si, si, de toda a vida AS BRAGAS. E senón fagamos un pequeno repaso mental da nosa vida e pensemos. Recordades cando de ananos agarrabamos unha barra e deixabámonos caer cara adiante para rematar dando unha volta completa? Pois ben, cando faciamos isto os rapaces, non había ningún problema, pero cando o facían as rapazas, aí si que tiñamos un problema!!!! (…ben, o problema o tiñamos nós, claro, que daquel tempo era ver unhas BRAGAS e aparecía en nós o “Efecto Pinocho”!!!!…) Cando Isto sucedía todos diciamos “Vinlle as BRAGAS a Fulanita Detal!!!!” ou “Viches que Menganita Detal (…a irma da Fulanita…) non leva BRAGAS!!!!” Pero non é necesario tampouco remontarse tan lonxe no tempo, non. Pensade agora que vos din: “Fumos un garito e atendeunos unha tía en braga” O primeiro que un pode pensar é que se trata dun chiringuito colombiano no que a paisana que está a atender pertence ás F.A.R.C. (Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia), e que leva posta unha especie de bufanda que lle tapa ate o nariz, pero nembargantes, se nos din “Fomos un garito e nos atendeu unha tía en BRAGAS” , aquí, a maioría da xente vai pensar nun puticlube onde as mozas pasean os seus cuíños en minúsculas BRAGUIÑAS. Eu, pola contra do meu estimado ÁnZonY, non son Lázaro Carreter e igual no meu falar cometo algún que outro erro, máis pódovos dicir que de toda a vidiña dende que eu teño uso de razón (…bueno, desde moito antes, que uso de razón aínda non teño de todo!!!!…) lembro escoitarlle a todo o mundo dicir BRAGAS, pero sempre ten que aparecer algún finolis* a cambiar o mundo. Ademais, éncheseche máis a boca a un dicindo BRAGAS, mira: “Arranqueille as BRAGAS a Fulanita Detal e volveuse tola!!!!” ou “Arranqueille a braga a Menganita Detal (…lembrade, a irmá de Fulanita!!!!…) e deume un pescozón”, que frase ten mais forza!!!!? Pois señoría non hai máis preguntas!!!! De toda a vida BRAGAS. E por certo, que o finolis* foi mirar o DRAE (Diccionario da Real Academia ESPAÑOLA) e o que di é:
Braga1.
f. Prenda interior femenina e infantil, que cubre desde la parte inferior del tronco y tiene dos aberturas en las piernas. Usada más en plural con el mismo significado que en singular.
Mira que es pailán, carallo, que fuches caer na túa propia trampa. Nada máis, meus bens, que vos mando un cesto de bicos e quedo á espera da vosa sabia elección.
P.D. Ningunha das Fulanitas e Menganitas que usamos para este blog sufriu ningún dano físico ou psíquico na realización do mesmo!!!!
*Finolis=ÁnZonY




Txury, eres o meu idolo!!!! Xuro que non é peloteo pola dedicatoria, pero é que é a puta verdad: quen di braga????
Braga soname a pijo(jo, es que le vi la bragaaa!!!!jejeje). Eu non falo así, falo castrapo e non falo
normativo nin en gallejo nin en castelán, jejejej.
Por certo, non conozo muller que compre nunha tenda unha unica braga, jejeje. Se vas, compras unha pila delas.
E en canto o tema academico, no meu diccionario pon tamén ao final da definición pon
“también prural”. Non vale facer trampa e decir parte da definición Antón, hay que decir todo, coño.
Tramposo!!!!!
Adios a tua argumentación desta semana. A ver cando fas unha decente, jejeje.
Nada máis.
Chaiño nenos.
P.D. Por certo Txury, graciñas, es un sol.