¿Como se debe colocar o papel hixiénico?
A bulla desta semana, e coa que se estrea este espazo, é esta cuestión de vital importancia:
¿Cómo colocar o rolo de papel hixiénico no porta-rolos: ¿co papel pegado á parede ou deixando un espazo entre a parede e o papel?, E dicir, ¿cara adiante ou cara atrás?
TXURY FERRER expón: Cara adiante
Unha persoa que se precie de selo terá que saber comportarse incluso fronte os máis complexos problemas da vida, e este de hoxe é un deses complexos problemas dos que falamos.
Si, si, o papel do váter ten só un xeito de colocarse e só un, non vale o outro. Refírome a descolgar o papel pola parte dianteira do soporte ¿Por qué?, Para entendelo só é preciso ter dos-deditos-de-frente. Se vostedes colocasen o papel máis preto da parede, estarían arriscándose a que as bacterias poideran adherirse á súa superficie deste e pasarían directamente ós seus anos e dalí vai ti saber a onde!!!! Terrible, só con pensalo tremo. A cantidade de enfermidades que se poden coller!!!! Pero isto non é todo, non,!!
Fixémonos agora na dimensión estética da colocación. ¿Déronse vostedes de conta de que a decoración do papel hixiénico está pensada única e exclusivamente dende a colocación dianteira? Se non, non poderiamos desfrutar nin por un segundo do canciño de scottex!
E non nos quedemos aquí. O papel ten xa as súas liñas de corte para sacar os cadradiños que precisamos para a limpeza dos nosos anos. Pero ¿que ocorre cando sobra un cadradiño?, pois que vostedes mesmos deben cortalo. Coa colocación dianteira, cun simple movemento seco cara arriba faría o corte perfecto aproveitando deste xeito o rollo, o cal lles suporía un aforro considerable ó cabo do ano. Se o fixeran empregando a colocación traseira, precisarían as dúas mans para rachalo deixándoo feito uns farrapos, convertendo o seu cuarto de aseo nun lugar desagradable.
Así que, para evitar infecións nos seus anos, para transformar o seu váter, para poder desfrutar da decoración do seu váter dun xeito pleno e para aforrar uns euriños, penduren vostedes o papel pola parte dianteira do soporte e serán mellores persoas. Dilles isto un que sabe.
Moitas gracias, meus moi estimados e intelixentiximos lectores!!!!
ANTÓN LEZCANO hoxe rebate e conclúe: Cara atrás
Efectivamente, Txury. Tes toda a razón do mundo. Unha persoa que se precie de selo terá que saber como colocar correctamente o papel-do-váter. Iso é o ÚNICO que tes razón, porque a sarta de barbaridades que soltaches, ben poderían estar catalogadas no libro Guinness a saber en que categoría:
1: caralladas
2: vende fume
3: charlatáns de feira
4: pelotas -de facer a pelota- que das outras vexo non che faltan para soltar tremendos despropósitos.
Imos por partes. Descoñezo se vives nunha jaima ou nunha caravana estilo ianki, pero na maioría dos casos os cartos de bano da xente á que te dirixes, teñen perfectamente adecentadas e hixienizadas as paredes. Para iso naceu o Mr Proper.

Unha vez aclarado este concepto básico-básico, paso ao segundo punto.
Non vexo nada malo en precisar as dúas mans á hora de cortar o papel. É máis, non quero nin imaxinar que fas cortando o papel cunha soa. ¿¡Onde terás a outra?! Que se saiba, os humáns veñen de serie con dúas mans. É moito máis preciso e aforrativo porque cortas polo punto exacto cunha precisión do 100%. Aínda que claro, que si o que che gusta é deixar á pobre Amazonia deforestada nun lustro, alá ti e a túa conciencia.
O punto sensiblero-de-todo-a-cen do canciño de Scottex nin o vou tocar da risa que dá. É tan pobre que non o firmaría nin Enrique del Pozo. Se tan implicado estás en que se lle vexa a marca a todo o que consumes, pois nada, lembra fumar sempre co logo do cigarro cara ao frente, ou escribir coa marca do boli cara arriba, ou falar sempre co mans libres para non tapar coa orella o logo do móbil.
Parvadas. Todo parvadas.
A razón pola que é preciso colocar o rolo cara atrás é ben sinxela. Cantas veces veríamos pola rúa a unha pobre persoa arrastrando sen darse conta un anaco de papel hixiénico no zapato! Pois ben esa persoa o máis probable é que o colocara coma ti. Cara adiante. E é que se o colocas dese xeito antinatura, tes a máxima probabilidade de enganchalo con calquera .
Iso por non falar da nula contaminación visual que ofrece o papel pegado á parede. Intégrase perfectamente no entorno. E non un papel que cada vez que pasas ao seu carón fai piruetas no ar e desentona coa paz que ofrece un sitio tan íntimo como o WC.
Vouche dar ademáis a derradeira (e aplastante) razón para colocalo á miña forma. Desafortunadamente moitas veces o papel exténdese máis da conta e hai que volver recollelo no rolo. Pois ben, fai a proba. Coa miña colocación, cun par de lixeiros toqueciños cara abaixo no centro do rolo, xa se recolle de vez. Do teu xeito, aparte de ter que facelo cara arriba, que é incomodísimo, tes que sacar o rolo porque non tes superficie onde empurrar. Fai a proba e verás.
En fin queridos lectores, facede como vexades, pero penso que queda clarísimo que o papel, SEMPRE, pegado á parede. Por comodidade, por estética, por rapidez…
Aínda que é igual, porque o máis probable é que coma sempre, o rolo quede fora do porta-rolos.




Quen coño pon o papel hixiénico do reves??? A quen coño se lle engancha papel hixienico no zapato??? Que terá que ver iso ca posición do scottex???
Se se che pega o papel hixienico o zapato mais que estar na parede o papel tería que estar no suelo, e quen pon o papel hixienico no suelo????
E Anton, iso que dis de poñer o papel hixienico o recollelo non me perece unha observacion cientifica, que os sepas. Creo que desta gañache Txury por goleada porque nadie fai coma ti e ademais o unico que fixeches foi rebatir o maravilloso comentario del. Fora a crispacion!!!!jejeje.
Biquiños.
P.D. Eu persoalmente sempre deixo o papel hixienico encima da cisterna, pero bueno, teño opinión sobre todo, jejeje