FAS PIS NA DUCHA!!!!?


ATACA TXURY: SÍ

Así de conciso me enfronto a esta pregunta. Si que mexo na ducha. O porqué? Por que non? Cal é o problema de mexar na ducha? Cando realizamos a acción de miccionar na ducha, o peor que nos pode pasar e que o noso propio mexo caia por riba de nós, e non podemos dicir que chove porque sabemos de sobra que o que nos cae e pis e que inda por riba é noso. Pero lonxe de dar noxo, esta acción o que debería dar é gañas de repetila unha e outra vez polos seus beneficios. Explícome. De todos é sabido que o mexo ten un alto contido en UREA. A urea é unha sustancia da que se fixeron moitos estudos e todos eles demostraron que é súper beneficiosa para a nosa pel. Si, si, si, si, así como o escoitades. Moitas das cremas que nas farmacias se venden para deixar os nosos pelexos relucentes e louzáns están compostas, nunha baixa cantidade de pis.

Si mexo na duchaPero non vaiades pensar que este é un asunto de avances científicos, e que igual levan unha pinguiña de pis nun litro de crema, non, non, non, non. Xa de antigo chéganos esta tradición de ouriñarnos por enriba. Os nosos antergos xa mexaban nas mans para que non se lle abriran traballando no campo. E vou máis alá. Hai uns anos lin que había unhas monxas en Italia que tódalas mañás, cediño, cando se levantaban, bebían un litriño da súa propia orina e polo visto estaban sanísimas. Non vou recomendar nin moitísimo menos que vos privedes a mexada, cousa que eu non faría polo do sabor (…non preguntedes!!!!…), pero si que recomendaría á xentiña que se fixera pis por enriba para lucir un pelexo ben bonito, neste mundo que tanto se deixa levar polo tema da beleza e os cosméticos e caralladas desas.

Noutra orde de cousas, debemos salientar, que cando entramos na ducha automaticamente apetece botar unha mexadiña. Acción, reacción, ducha, mexada. É así, meus reis e raíñas, e isto e algo que non podemos cambiar. Calquera acción de reprimir a nosa gaña de mexar na ducha e malísima, coma todas as represións do mundo, pero esta é unha desas que non temos por que reprimir, xa que como antes vos contei, aínda por riba ten unha vertente de saúde perfecta.

É por isto e só por isto que vos insto unha vez máis, desde estas liñas que vos escribo, a que vos fagades pis por enriba cando esteades na ducha. (…ollo, só na ducha, que se o facedes todo o santo dia iso xa e de guarrocho total!!!!)

E despídome xa por hoxe de vós, esperando que a miña opción sexa a que máis vos agrade.

Billóns de bicos para todos vós, pipol!!!!

P.D. E non quero falar da CHOIVA DOURADA, pero se e unha práctica tan estendida, por algo será.

Aaaaaaaabur!!!!


ANTÓN DEFENDE: NON MEXO NA DUCHA

Bueno bueno bueno. Teño que recoñecer que estou roto. Non dou creto. Non se poden dicir tantas barbaridades seguidas todas xuntas. Ou si, senón lede o de enriba.

Dende pequenos instáurasenos nas escolas e nas nosas casas (polo menos na miña) algo imprescindible para a convivencia: a hixiene. E todo o exposto polo meu ¿compañeiro? é antihixiénico. Supoño que estaredes comigo.

Non mexo na ducha

Non dubido das propiedades da urea, que son certas e comprobables, pero de aí a mexar por riba de nos ou BEBER!!! pis, pois non.

Non teño ningunha exposición que facer porque cae polo seu propio peso. As duchas normalmente son de uso colectivo e xa só de pensar en que algún porquiño coma ti. Txury, estivo a mexar intres antes de que eu proceda a precisamente todo o contrario, é dicir, limparme, pois non me colle nos miolos.

De todos os xeitos recordarei o que fas a próxima vez que vaia á túa casa.

Non mexedes na ducha, nen@s. É antihixiénico, antisaudable, en definitiva, noxento. Non atopo nin 1 só beneficio. Ademais, tanto che costa botar o mexo 30 segundos antes de ducharte, no aparatiño deseñado para tal fin? Coincidentemente soe estar ao lado da ducha…

O teu é un claro caso de vagancia e porcallada “oltugueder”. Se fas iso na ducha xa non quero nin imaxinar que farás na piscina. Pero iso é outro cantar.

O dito, peña. Non sexades porcos e comportádevos civicamente. O pis, no váter.

Feliz día para tod@s.

Bicos limpiños

Dormes coa porta aberta ou pechada?


ANTÓN ATACA: PORTA PECHADA

Boas, queridísim@s lector@s. Gustaríame expoñer breve e sinxelamente o meu punto de vista nesta crucial bulla. E é que penso que está clarísimo que todo a mundo debería durmir coa porta pechada. Por que vamos a ver, que buscamos ao durmir? O descanso. E un mal sono é un mal descanso. Obviamente para descansar temos que ter todas as condicións perfectas tanto ambientais como corporais, non? A ninguén se lle ocorre poñerse a durmir con roupa ‘de calle’ porque precisamente existen roupas adecuadas para tal fin. Ou sen roupa, claro. E por que son roupas axeitadas para durmir? Pois porque non entorpecen o sono fisicamente. Son roupas cómodas, normalmente de algodón ou similar para axudar na transpiración e quentiñas para manter unha boa temperatura corporal e evitar así que en calquera movemento despertemos por incomodidade da vestimenta.porta pechada

Pois o mesmo ocorre coas condicións ambientais. Unha habitación perfecta para un sono perfecto sería unha habitación absolutamente ás escuras, sen absolutamente ningún ruído, e a uns 21 ou 22 graos de temperatura aproximadamente. Con estas condicións se non dormes é porque a túa conciencia non cho permite…

O único xeito que temos de insonorizarnos e illarnos da luz e do son e acadar estas condicións ideais, é pechando a porta. É dicir, creando unha atmosfera propicia para o descanso que é o fin último do sono. Así que branco e en botella… leite.

Por outra banda está a intimidade. Penso que a ninguén que por casualidade visite a vosa casa coa porta do dormitorio aberta lle agradará ver a un ser humano en posturas imposibles, emitindo sons irreproducibles (os que o fagan) ou ensinando a saber que partes do seu corpo. Non. Non é de recibo.

Penso que non fai falla dicir nada máis. Penso que é tan potente e tan obvia a miña ponencia que xa non me estendo máis. Só quero desexarvos un feliz verán e que pechedes a porta ao durmir, non vaia ser que as hordas mosquiteiras lles dea por abandonar o salón e decidan aterrar nos vosos corpos serranos.
A gozar, rapaces/zas.
Bikos calorosos.

TXURI DEFENDE: PORTA ABERTA

Bla, bla, bla, bla, bla, bla…

Que lingua tes, rapaz, debes de ter a túa moza encantada. (…pensa mal e acertaras!!!!…)

Ben, despois de ler toda esta verborrea, que mais ca unha defensa da porta pechada, parece unha tese sobre o sono exposta perfectamente polo “polo” aquel dos colchóns “Lo Mónaco” , si home, como se chamaba, aquel que dicían que estaba liado con Jordi “Caracrater”, o de “Moros y cristianos”, como era, cona… Ah!!!! Constantino Romero!!!! Ben, pois iso, que moito trilirili e pouco tralarala. (…coma sempre!!!!…)

Eu pola miña parte vouvos explicar o porque de durmir coa porta aberta. Lonxe de que a miña opción hoxe este chea de estraños estudos sobre do sono, o que debo dicir para defender a miña postura, e que durmo coa porta aberta por varios motivos, que son:porta aberta

1º) Que me agonían un pouco os espazos pechados. E o de durmir nunha habitación completamente pechada dáme un pouco de repelús.

2º) Que teño escarallado o termostato do corpo humano. E é por isto que soamente pensar que vou ter que pasar a noitiña nun recinto pechado no que se acumula a calor humana da xente que alí pernocta, xa me eleva uns graíños a temperatura, e me entran uns calores que pa’que!!!! (…e por isto tamén que durmo absolutamente en pelotas, que a min o tema ese dos pixamas paréceme unha mariconada…).

3º) Por que me da a gaña!!!! (…síntoo, pero hoxe estou un pouquiño mackoy, así que achantade se non queredes que vos revente a boca!!!!…)

4º) Que non teño nada que esconder, así que o que pasa na miña “habita”, estou seguro que e o que pasa nas “habitas” de toda a xentiña do mundo. E de que tedes medo? De que vos pillen “chingando” ou que? Home, que tampouco estou a dicir que fagades un numeriño de cara a galería, poñéndovos na fiestra, pero que tampouco pasa nada, que “chingar” “chinga” todo o mundo, así que a “chingar”.

En resumo, que o de durmir coa porta pechada é un agobio do copón, e por isto insto a “tout le monde” a que abra as portas da súa habita, para que non cheiren as habitas, para acabar con eses infectos redutos de espazos prohibidos que se lle presupón as portas pechadas, por isto e por moito máis avogo pola defensa das portas da “habita” abertas.

Gracias!!!!

(…arrecarayo, que fino que estou hoxe!!!!…)

Mil bicos, meus reis. Catromil bicos, miñas raíñas!!!!

Chicle de menta ou chicle de fresa?


ANTÓN ATACA: CHICLE DE MENTA

Maquina de chiclesBos días queridos lectores e lectoras desta nosa xeración. A miña exposición vai ser clara, breve e directa. Se teño que mercar un chicle, e obviando os millóns de sabores que nos ofrecen hoxe en día e limitándonos á fresa e a menta, eu vou elixir o frescor. Non fai falta que vos diga máis. Frescor=menta. Porque, que é o que buscamos ao mascar un chicle? Rebentar as mandíbulas? Encher de caries a boca? Non. Buscamos frescor e sabor. Algo que non se pode dicir que teñan os chicles de fresa, que, ollo, non me dis gustan, pero fáltalles algo. O primeiro e fundamental, a duración. A dos chicles de fresa é como un “polvo conejero”. Ñaca, ñaca, ñaca, ñaca e xa. Pola contra o de menta sería como unha noite de sexo pausado e apaixonado á vez por exemplo con… Grace Kelly (cando estaba viva, claro).

A menta transpórtanos a paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles. Cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas. Algo así como os limóns do caribe pero na boca. A proba de que a menta sempre é mellor que a fresa, témola nas diferentes aplicacións alimentarias, e sobre todo no mundo da infusión. Imaxinádevos pedindo: “holamepones un fresa-poleo?” Soa a chiste, que non? Pois iso.

O chicle de menta dura máis, refresca a boca -ía dicir máis pero non, simplemente refresca porque o de fresa non o fai-, camufla mellor cheiros tipo tabaco ou similar, e en definitiva é un chicle máis natural que o de fresa. Creo que queda claro.
Así que ata aquí chega a miña exposición. Agora espero que sexades imparciais, que esquezades a vosa condición de txuristas ou anzonistas e votedes con sentidiño.

Un biko refrescante para tod*s. Incluída ti, Txurita.
;)

Boomer

TXURI DEFENDE- CHICLE DE FRESA

Ola meus reis e mais, e moi especialmente, as miñas raíñas!!!! Aquí estamos unha vez máis para facervos unha consultiña, que neste caso xa coñecedes, fresa ou menta? Pois ben, eu téñoo claro, fresa de toda a vidiña. Por que? Pois cóntovos, eu elixo a fresa porque me gusta o seu sabor doce, o seu arrecendo azucrado e ata a súa cor, que aínda despois de mascalo un pouco segue mantendo unha cor agradable. Para establecer unha comparativa co chicle de menta, debo dicir que do chicle de menta non me gusta o seu sabor, porque é demasiado forte e na maioría das veces PICA! E qué queredes que vos diga, que se fose que pica algún de cando en cando, coma os pementos de Padrón, pois aínda tiña o seu chiste, pero que che pique sempre pois a min non che me agrada demasiado. Outra das cousas que non che me gustan é o seu cheiro, que parece que estamos a tomar un medicamento, ou que a boca cheira a inferno e para tapalo metémoslle a mentaza toda para tapalo. E non vos quero nin falar da súa cor, que xa antes de metelo na boca ten un verde hospital moi desagradable, pero unha vez que o empezas a mastigar aparece unha cor moi moi moi moi parecida a E.T. cando estaba a morrer na beira do río, que tiña así como pinta de masa de carne podre, así como cunha cor de morto, brrrrrrrrr…!!!!

Fixándome agora no que o meu “partenaire” (…hai, carallo, que fino me quedou!!!!…), fala de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas”, e canta razón ten!!!! Tanta, tanta que se en vez de estar a falar de chicles de menta falara de champuses para as guedellas tería o mesmo valor, fixádevos:

Champuses “Pelolimpo” unha sensación de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas” nas túas guedellas.

Ou tamén se falaramos de produtos de limpeza para o chan, mirade:

Desinfectante “Kitacheiros” toda a esencia de “paisaxes de natureza salvaxe e plantas imposibles, cascadas, brisa, limpeza, augas cristalinas”.

Que deducimos de todo isto? Pois que unha vez máis o individuo de arriba, soamente se adica a regalar as orellas con tal de vender o seu artigo.

Chicle mangaFíxome tamén, que aquí o individuo vai e compara o sabor do chicle de fresa cun “polvo-conejero”. Ben, cantos de nós somos fillos dun “polvo-conejero”! Seguro que unha chea somos fillos dun acto tan precioso coma o “polvo-conejero”, e con isto quero dicir que tampouco foi algo tan malo o “polvo-conejero”. Quen non tivo algunha vez o impulso de desafogarse coma un tolo/a quedando despois duns poucos minutos cunha cara de parviño e cun sorriso de orella a orella? E non é nada malo, carallo, a ver se agora só valen os polvos de 4 horas, ou os de “cincosensacala”!!!!

Por certo, que me fixo que fala das virtudes do chicle de menta comparándoo “cunha noite de sexo pausado e apaixonado á vez por exemplo con… Grace Kelly”????? Pero meu ben, oh! Non sería mellor que puxeras os pes na terriña, home, e pensaras nunha noite destas que ti dis con homes e mulleres de verdade coma por exemplo Ari, Silvia, Rocio, Kefalay, Elianinha ou Castaño, que agora mesmo se me ocorren?

Anda, anda, que me parece a min que tanto chicle de menta o que fai é escarallarche o cerebro, que non dis máis que trangalladas. E sen intención de faltarche nin gaitas, déboche dicir que con tanta ida de olla empézateme a parecer a Aznar.

Xentiña, aquí a miña opinión, deixádenos as vosas e que gañe o mellor.

Bicosmil e apertas constrictor para todos e todas.

P.D. Paréceme que Aznar tamén come chicles de menta!!!!

ColaCao vs Nesquik!


Ola de novo, meus bens!!!!

Unha bulla máis gañada, e con esta xa van dúas. O meu corazón esta cheíño de ledicia, e, como non, vou entonar o que se esta a converter no meu particular berro de guerra:

PAPÁ ESTA ENRIBA DE MAMA!!!!

E como non, antes de nada, lanzo un saudiño a tódolos navegantes que por aquí pasan a deixar os seus votiños coma si dunhas xerais se tratara. Bicos fortes para vos, Rocío, Silvia e Castaño.

Ben, o tema que hoxe nos ocupa non e outro que:

COLACAO vs NESQUIK!!!!

colacao2.jpgEu, o menda lerenda, pola miña parte o teño clarísimo:

COLACAO FOREVER!!!!

Colócao. E aquí van os meus pros:

O COLACAO, fai uns grumiños chocolateados marabillosos, que teñen moitas características agradables.

O grumiño brandiño: É un grumiño, coma o seu propio nome indica, dunha textura moi suaviña. É brandiña ate no interior da boliña e cando a metes na boca e a desfás coa lingua, espárcese por ela e polo teu padal provocando un festival de sensacións na túa boca.

O grumiño polvoso: (…non pensedes mal!!!!…) É un grumiño que posúe a curiosa característica de ser igual que “O grumiño brandiño” pero no seu interior atopamos o COLACAO intacto. Deste xeito atopamos na nosa taciña unha boliña de cacao que cando introducimos na nosa boca e se desfai coa linguiña, deixa nun principio as calidades do “Grumiño brandiño” e despois notamos un lixeiro freo que é cando o COLACAO en estado puro e seco se enfronta as nosas papilas gustativas directamente facendo que a saliva segregue a saco para paliar a sequedade que produce o COLACAO sequiño e eleva, de este xeito, á enésima potencia o pracer producido polo COLACAO, misturando, neste caso, os sentidos do tacto, gusto e olfacto dun xeito inimaxinable con calquera outro tipo de cacao en polvo. E digo do olfato tamén, porque as máis das veces cando a boliña polvosa se abre, se nese preciso momento colles aire, o polvo chega ate as túas fosas nasais e as veces che fai estornudar, e por ende, che fai rir.

Xa sei que igual é, para algúns, un pouco coñazo o ter que estar a bater o cacao un pouco de tempo, pero non vos resulta tamén relaxante o soniquete que se produce polo bater da culler na taciña? Poderiamos dicir entón que o COLACAO tamén estimula o sentido do oído.

Logo poderiamos dicir que o COLACAO, e un producto que estimula os sentidos. Fagamos un repasiño:

* Tacto: Cando coa nosa lingua espertamos o pracer do cacao en polvo en forma de “Grumiño polvoso”
* Gusto: Porque o saborciño do COLACAO e un deses sabores de toda a vida que nunca esqueces.
* Olfacto: Cando chega ás nosas fosas nasais.
* Oído: Cando remexemos o leite co cacao para misturalo, iso si, deixando grumiños.
* Vista: Porque o COLACAO e un produto que ate o comes cos ollos.

Así que por todos estes motivos, eu declárome diante de todos vós COLACAÍSTA.

Hala, meus reis, aquí vos deixo con AnZonY e que gañe a opción máis votada, como debe de ser na democracia que ZAPPING é un pouco.

Mil bicos, meus bens!!!!

Ánzony: NESQUIK

Ola rapaces e ola Txuri!
Paupérrima exposición. Segues a vender fume, rapaz.nesquik2.jpg
Antes de nada quero dicirlle a parte de lectores que me acusaron pouco menos que de pepeísta por atacar os teus argumentos antes de expoñer os meus, que a cousa vai así. Unha semana un ataca e o outro rebate e a semana seguinte do revés.

Unha vez aclarado isto, reafírmome. Que pena de exposición. Que forma de forzar e –coma sempre- de darlle ao persoal un baño de manteiga e argumentos que queren e gustan de ouvir, ou sexa, demagoxia barata.

Pero vamos a ver, meu rei. A ti non che gusta o colacao. A ti gústanche os grumos! Porque xa me dirás, en vez de aproveitar –como tiñas- a oportunidade que se che brinda para falar marabillas do colacao, fasnos unha pormenorizada relación da grumoloxía, que por outra banda é o defecto máis grande que ten o colacao e que non é capaz de superar despois de máis de 50 anos. E mira que o intentaron! Que si colacao instantáneo, que si baticao, que si fresquicao, que si super-cao-cara-cao. Na de na.

Por outra banda a min faime moita gracia porque parece como se ao beber o Nesquik non interviñeran os 5 sentidos. Ao mellor é que ti bebes polo cu –con todos os meus respetos, claro- pero vamos, non hai nin unha soa característica propia dos sentidos das que ti expuxeches que non ocorra tamén co Nesquik a non ser a do tacto, pero claro, o tacto do colacao é grumoso-asqueroso e o do Nesquik suave como a seda.

Non quería deixar pasar tampouco o punto de:
…” si nese preciso momento colles aire, o polvo chega ate as túas fosas nasais e ás veces che fai estornudar, e por ende, che fai rir”…
Pois vale. A partir de agora sei que me enfronto a un masoquista que cando está de baixón se mete unha raia de ácaros e gramíneas para subir a serotonina. Así vai Galiza…

Moi boa por outra banda esa xogada de poñer a tirita antes da ferida cando dis que si, efectivamente, que é máis rápido o Nesquik. Que ti vas polo colacao!!! Non me fagas o meu speech, home.

Porque a iso vou eu.Nesquik.
O Nesquik é un producto propio da vida moderna que vivimos. A era dos chips, da velocidade, de internet, dos avións e das mil imaxes por minuto. E é que simplemente botando un par de cucharadiñas no leite, remexemos a mistura, e xa temos o pracer listo para beber en apenas 2 segundos. Listo para gozar.
Non imaxino aos lectores pelexando dúas horas cun produto para desfrutalo.

E outra cousa. A vantaxe máis vantaxe de tódalas vantaxes é que se pode preparar frío non, xeado!
Quería eu verte a ti chegando da praia asfixiado coa túa xente agardando abaixo por ti –coma sempre- e preparándote un colacao frío. Non baixas dos quince minutos ata telo listo nin de coña.
Co Nesquik colles o leite frío frío, bótaslle unhas cucharadiñas e quedas saciado de vez.

E xa para rematar, quería meterme un pouco coa marca (coa túa , claro). O colacao é unha marca imaxe do franquismo máis rancio, cun logotipo no que se ve a explotación da muller africana e que en vez de progresar se aferra a esa imaxe clasista de só alimento dos campións. Por favor! Aínda por riba collen como exemplo a Rafa Nadal, o tío máis pijo e corto de mente que houbo en moito tempo no deporte do estado, bueno, despois de Raulito.
Nesquik é unha marca moderna moi achegada a tódolos rapaces sen distinción, sexan campións ou non. Para nós (Nesquik) tod@s son campións/onas.
E penso que con isto chega.

En fin, que nada, que para ligar a través de internet ben vales, pero para expoñer… aínda che queda moito. E por certo, revisa o teu resultado das bullas porque a min non me saen as contas.
Mando un bico chocolateado, fresco e rápido para tódolos lectores, incluída Ari, que no teu afán de seguir co flirteo rociísta, deixaches de lado.

Gracias a tod@s.

E ti de quen es: braga ou bragas?


Esta semana: E ti como dis? Braga ou bragas?

Antón: BRAGA

Hoxe teño a bulla ben doada. E é que de tod@s é sabido que se di BRAGA. Sen dúbida. A explicación é sinxela. A braga ten que ser sempre singular porque obviamente o que protexe a braga é tamén singular. É dicir, se o que gardara a braga fosen dúas c****, teríamos dúas bragas, pero como a súa función é manter protexida unha soa c***, pois é unha braga. Estaredes de acordo conmigo non?

Imaxinádevos o exemplo. Chegamos a unha mercería e lle dicimos: ola, quería unhas bragas. Pois a dependenta ou dependente co seu ben facer e mellor atender, sacará do caixón varios modelos de braga. Pola contra, se lle dicimos: por favor quería unha braga, non terá confusión algunha e irá directamente a preguntar sinxelamente que talla queremos. Non hai fallo.

bragas4.jpgAdemais nunca poderiamos dicir: Faime dano a goma das bragas. Sempre nos ensinaron no cole que ten que concordar xénero e número, non? Pois imaxinádevos dicindo: “fanme dano as gomas das bragas. Cantas gomas? Cantas bragas? Un sinsentido”.

A pregunta entón é por que esa manía de pluralizar a roupa interior (tamén no caso dos gallumbos). Pois ben, eu penso que deriva de tempos lonxanos onde as mulleres poñían varias pezas de roupa a modo de BRAGAS. De xeito que, como era máis dunha pois aí si que utilizaban ben o plural. A cousa foi mellorando co tempo e as novas tecnoloxías e as mulleres deixaron de utilizar tantas pezas e deixárono NUNHA soa peza (de aí o de braga), chegando incluso a non utilizar ningunha co paso do tempo (véxase Marta Chavarri).

En definitiva, se queremos falar mellor e non meter a gamba en situacións tipo erótico-festivo (”podes baixarte a braga?”), médicas (”saque a roupa e quede só coa braga”), vacacionais (”marcho a Portugal, vou durmir en Braga”), etc etc… debemos dicir sempre sen dubidalo nen un intre BRAGA.

Por certo no DRAE non aparece o termo Bragas. Facede a proba.

Bikos singulares.

Txury: BRAGAS

Uuuui!!!! Perdoooooa!!!! Non sabia que estaba a falar cun lingüista, caralloooooo!!!!! (…aínda que de lingua vas sobrao, FALAFALA, que eres un FALAFALA!!!!…) Antes de nada, un comentario:

bragas2.jpgPAPÁ ESTÁ ENRIBA DE MAMÁ!!!!

Si, meus queridísimos lectores e lectoras, papá está enriba de mamá e iso é gracias a vós, que a pasada semana déstesme cos vosos votos a primeira batalla gañada contra este animal que é ÁnZonY, que é quen de dicir unha chea de barbaridades e quedar tan ancho. Unha vez máis, repito GRAZAS!!!! (…a ti en particular Rocío!!!! Luz da miña vida, estrela que me guía, bla, bla, bla,…)

E agora o que nos toca, que son AS BRAGAS!!!!

Si, si, si, si, si, de toda a vida AS BRAGAS. E senón fagamos un pequeno repaso mental da nosa vida e pensemos. Recordades cando de ananos agarrabamos unha barra e deixabámonos caer cara adiante para rematar dando unha volta completa? Pois ben, cando faciamos isto os rapaces, non había ningún problema, pero cando o facían as rapazas, aí si que tiñamos un problema!!!! (…ben, o problema o tiñamos nós, claro, que daquel tempo era ver unhas BRAGAS e aparecía en nós o “Efecto Pinocho”!!!!…) Cando Isto sucedía todos diciamos “Vinlle as BRAGAS a Fulanita Detal!!!!” ou “Viches que Menganita Detal (…a irma da Fulanita…) non leva BRAGAS!!!!” Pero non é necesario tampouco remontarse tan lonxe no tempo, non. Pensade agora que vos din: “Fumos un garito e atendeunos unha tía en braga” O primeiro que un pode pensar é que se trata dun chiringuito colombiano no que a paisana que está a atender pertence ás F.A.R.C. (Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia), e que leva posta unha especie de bufanda que lle tapa ate o nariz, pero nembargantes, se nos din “Fomos un garito e nos atendeu unha tía en BRAGAS” , aquí, a maioría da xente vai pensar nun puticlube onde as mozas pasean os seus cuíños en minúsculas BRAGUIÑAS. Eu, pola contra do meu estimado ÁnZonY, non son Lázaro Carreter e igual no meu falar cometo algún que outro erro, máis pódovos dicir que de toda a vidiña dende que eu teño uso de razón (…bueno, desde moito antes, que uso de razón aínda non teño de todo!!!!…) lembro escoitarlle a todo o mundo dicir BRAGAS, pero sempre ten que aparecer algún finolis* a cambiar o mundo. Ademais, éncheseche máis a boca a un dicindo BRAGAS, mira: “Arranqueille as BRAGAS a Fulanita Detal e volveuse tola!!!!” ou “Arranqueille a braga a Menganita Detal (…lembrade, a irmá de Fulanita!!!!…) e deume un pescozón”, que frase ten mais forza!!!!? Pois señoría non hai máis preguntas!!!! De toda a vida BRAGAS. E por certo, que o finolis* foi mirar o DRAE (Diccionario da Real Academia ESPAÑOLA) e o que di é:bragas3.jpg

Braga1.

f. Prenda interior femenina e infantil, que cubre desde la parte inferior del tronco y tiene dos aberturas en las piernas. Usada más en plural con el mismo significado que en singular.

Mira que es pailán, carallo, que fuches caer na túa propia trampa. Nada máis, meus bens, que vos mando un cesto de bicos e quedo á espera da vosa sabia elección.

P.D. Ningunha das Fulanitas e Menganitas que usamos para este blog sufriu ningún dano físico ou psíquico na realización do mesmo!!!!

*Finolis=ÁnZonY

¿Como se debe colocar o papel hixiénico?


A bulla desta semana, e coa que se estrea este espazo, é esta cuestión de vital importancia:

¿Cómo colocar o rolo de papel hixiénico no porta-rolos: ¿co papel pegado á parede ou deixando un espazo entre a parede e o papel?, E dicir, ¿cara adiante ou cara atrás?

TXURY FERRER expón: Cara adiante

papel-hixienico.jpg

Unha persoa que se precie de selo terá que saber comportarse incluso fronte os máis complexos problemas da vida, e este de hoxe é un deses complexos problemas dos que falamos.

Si, si, o papel do váter ten só un xeito de colocarse e só un, non vale o outro. Refírome a descolgar o papel pola parte dianteira do soporte ¿Por qué?, Para entendelo só é preciso ter dos-deditos-de-frente. Se vostedes colocasen o papel máis preto da parede, estarían arriscándose a que as bacterias poideran adherirse á súa superficie deste e pasarían directamente ós seus anos e dalí vai ti saber a onde!!!! Terrible, só con pensalo tremo. A cantidade de enfermidades que se poden coller!!!! Pero isto non é todo, non,!!

Fixémonos agora na dimensión estética da colocación. ¿Déronse vostedes de conta de que a decoración do papel hixiénico está pensada única e exclusivamente dende a colocación dianteira? Se non, non poderiamos desfrutar nin por un segundo do canciño de scottex!

E non nos quedemos aquí. O papel ten xa as súas liñas de corte para sacar os cadradiños que precisamos para a limpeza dos nosos anos. Pero ¿que ocorre cando sobra un cadradiño?, pois que vostedes mesmos deben cortalo. Coa colocación dianteira, cun simple movemento seco cara arriba faría o corte perfecto aproveitando deste xeito o rollo, o cal lles suporía un aforro considerable ó cabo do ano. Se o fixeran empregando a colocación traseira, precisarían as dúas mans para rachalo deixándoo feito uns farrapos, convertendo o seu cuarto de aseo nun lugar desagradable.

Así que, para evitar infecións nos seus anos, para transformar o seu váter, para poder desfrutar da decoración do seu váter dun xeito pleno e para aforrar uns euriños, penduren vostedes o papel pola parte dianteira do soporte e serán mellores persoas. Dilles isto un que sabe.

Moitas gracias, meus moi estimados e intelixentiximos lectores!!!!

ANTÓN LEZCANO hoxe rebate e conclúe: Cara atrás

Efectivamente, Txury. Tes toda a razón do mundo. Unha persoa que se precie de selo terá que saber como colocar correctamente o papel-do-váter. Iso é o ÚNICO que tes razón, porque a sarta de barbaridades que soltaches, ben poderían estar catalogadas no libro Guinness a saber en que categoría:

1: caralladas
2: vende fume
3: charlatáns de feira
4: pelotas -de facer a pelota- que das outras vexo non che faltan para soltar tremendos despropósitos.

Imos por partes. Descoñezo se vives nunha jaima ou nunha caravana estilo ianki, pero na maioría dos casos os cartos de bano da xente á que te dirixes, teñen perfectamente adecentadas e hixienizadas as paredes. Para iso naceu o Mr Proper.
scottex.jpg

Unha vez aclarado este concepto básico-básico, paso ao segundo punto.
Non vexo nada malo en precisar as dúas mans á hora de cortar o papel. É máis, non quero nin imaxinar que fas cortando o papel cunha soa. ¿¡Onde terás a outra?! Que se saiba, os humáns veñen de serie con dúas mans. É moito máis preciso e aforrativo porque cortas polo punto exacto cunha precisión do 100%. Aínda que claro, que si o que che gusta é deixar á pobre Amazonia deforestada nun lustro, alá ti e a túa conciencia.

O punto sensiblero-de-todo-a-cen do canciño de Scottex nin o vou tocar da risa que dá. É tan pobre que non o firmaría nin Enrique del Pozo. Se tan implicado estás en que se lle vexa a marca a todo o que consumes, pois nada, lembra fumar sempre co logo do cigarro cara ao frente, ou escribir coa marca do boli cara arriba, ou falar sempre co mans libres para non tapar coa orella o logo do móbil.

Parvadas. Todo parvadas.

A razón pola que é preciso colocar o rolo cara atrás é ben sinxela. Cantas veces veríamos pola rúa a unha pobre persoa arrastrando sen darse conta un anaco de papel hixiénico no zapato! Pois ben esa persoa o máis probable é que o colocara coma ti. Cara adiante. E é que se o colocas dese xeito antinatura, tes a máxima probabilidade de enganchalo con calquera .

Iso por non falar da nula contaminación visual que ofrece o papel pegado á parede. Intégrase perfectamente no entorno. E non un papel que cada vez que pasas ao seu carón fai piruetas no ar e desentona coa paz que ofrece un sitio tan íntimo como o WC.

Vouche dar ademáis a derradeira (e aplastante) razón para colocalo á miña forma. Desafortunadamente moitas veces o papel exténdese máis da conta e hai que volver recollelo no rolo. Pois ben, fai a proba. Coa miña colocación, cun par de lixeiros toqueciños cara abaixo no centro do rolo, xa se recolle de vez. Do teu xeito, aparte de ter que facelo cara arriba, que é incomodísimo, tes que sacar o rolo porque non tes superficie onde empurrar. Fai a proba e verás.
En fin queridos lectores, facede como vexades, pero penso que queda clarísimo que o papel, SEMPRE, pegado á parede. Por comodidade, por estética, por rapidez…

Aínda que é igual, porque o máis probable é que coma sempre, o rolo quede fora do porta-rolos.

Hai bulla, neno

¿Zanco ou peituga? ¿Bermudas ou bañador? Cada semana unha importante dúbida existencial da man da Txuri e Antón, a xente de Zapping